Natureza

A natureza do mosteiro

Creemos que a iniciación necesaria para coidar da natureza se basa en coñecer as diferentes especies que nos rodean e forman parte do medio. A nosa asociación quere contribuír ao seu coñecemento e coidado, para iso necesitamos a colaboración decidida de todos os que nos visitades.

Grazas ao inventario das especies do xardín, realizado polo Estudo de Arquitectura dirixido por Mario Crecente, obra do Plan Director de Santa Catalina, fixemos unha lista coa localización, nome científico, vulgar e foto, para facilitar a súa identificación.
Este é un traballo inicial, que esperamos ampliar e para iso queremos ter todos os que estean dispostos a colaborar. Pódese contactar connosco a través dos seguintes enderezos:
monasteriomontefaro@gmail.com
celsaformoso12@gmail.com
Esperamos as vosas colaboracións

Inventario Botánico

Mosteiro de Santa Catalina Ares
https://goo.gl/maps/8gFifrRnNtP2

Na anterior ligazón, veredes o xardín que está fronte ao Mosteiro e tamén o novo Horto de árbores frutais (Reinicia 2017).
Todas as diferentes especies están indicadas en miniaturas:
A cor azul do xardín.
Cor azul das mazás.
Cor verde as peras.
Cor laranxa, os laranxos.
Cor lila, loureiro e araucaria.